miércoles, 16 de diciembre de 2009

COMEZAMOS A NOSA AVENTURA



¡¡ Benvid@s ao blog da vosa biblioteca !!

Queremos que este sexa un espazo onde poidamos compartir moitas cousas que sucedan no colexio.

Gustaríanos animarvos a todos a comezar unha aventura onde queremos que a protagonista sexa a vosa imaxinación, a través do descubrimento dun sen fin de aventuras que se esconden entre as páxinas dos libros que temos na biblioteca.

Ser capaces de sumerxirnos na pel dun pirata intrépido ou no misterio dun pequeno mago, pasar da tranquilidade dun rapaz que se vai de vacacións a outro que se adentra nun bosque encantado.




... Preparados, Listos.....


¡¡¡ Comezamos !!!


¡¡¡ Feliz Viaxe !!!





No hay comentarios: