martes, 29 de junio de 2010

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Estes festivais de fin de curso son celebracións especiais xa que son momentos emocionantes para os que se quedan, para os que pasan de ciclo, para os que deixan a E. Infantil e se incorporan a Primaria; pero sobre todo... para os que se van: os nosos alumnos/as de 6º. Boa sorte nesa nova andadura da vosa vida e felices vacacións para os demais.

FESTIVAL FIN DE CURSO

Como todo festival, a mellor actuación ,ou polo menos a máis esperada ,é ... a do mellor mago dos arredores (sen despreciar), o mago de tódolos magos...o noso mago Alfonso. Con todos vós aí vos vai a súa actuación que como sempre vos sorprenderá...

FESTIVAL FIN DE CURSO

No festival os nenos/as de 4ª recordáronnos cunha canción do grupo Parchís, a famosa Fin de curso que xa chegabamos ao remate dese día. Este verán, os alumnos/as deixarán de lado as mates, as linguas, o coñecemento,... e os deberes. Que ben! Pero non vos olvidades que moi pronto estaredes de volta así que ...acordádevos de ler de vez en cando.
Con todos vós os bailaríns de 4ª...!

lunes, 28 de junio de 2010

FESTIVAL FIN DE CURSO

Os compañeiros/as de 6º non querían irse sen antes interpretar unha adaptación do famoso Lazarillo de Tormes, que por suposto foi adicada á súa titora, María. María, moita sorte e vai por ti.



E como non, o noso mago Alfonso dounnos un magnífico truco para facer na casa e sorprender aos nosos convidados. Si,si,...comprobádeo. Ahhhhh! Que se nos olvidaba ;tamén como a partir dun debuxo pode aparecer... por exemplo unha laranxa. Que diver!!! A que si?

jueves, 24 de junio de 2010

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN



miércoles, 23 de junio de 2010

XORNAL ESCOLAR

Camiñando, camiñando ... un ano máis. Porque camiñar é seguir unha ruta, un destino, un obxectivo. Así, no xornal deste ano podemos comprobar como tódolos nenos e nenas expresaron ese camiño no seu aprendizaxe con debuxos, con poesías, con historias, con experiencias... en definitiva co día a día dun ano escolar


COUSAS DE INFANTIL 4 ANOS

miércoles, 9 de junio de 2010

COUSAS DE INFANTIL