martes, 22 de diciembre de 2009

O FESTIVAL DE NADAL

E por fin, despois de tantos ensaios, tantos preparativos, tantos nervios,... chegou o día da posta en escena.
Que colorido!
Que melodías!
Que voces!
Certamente, hai madeira de artistas!




LECTURAS PARA O NADAL


Estes días nos que anoitece cedo, préstanse para estar na casa, coller un libro nas mans e ler mentras escoitamos boa música. Como os anos anteriores, elaboramos un folleto onde podedes atopar libros para todas as idades e gustos.

lunes, 21 de diciembre de 2009

PROGRAMA "O NADAL"

miércoles, 16 de diciembre de 2009

AS MOCHILAS VIAXEIRAS



Temos que contarvos unha boa noticia:

O noso colexio xa comenzou a andadura das MOCHILAS VIAXEIRAS.

Esperamos que disfrutedes moito delas, estamos dexesando ver o libro viaxeiro que vai con elas.









COMEZAMOS A NOSA AVENTURA



¡¡ Benvid@s ao blog da vosa biblioteca !!

Queremos que este sexa un espazo onde poidamos compartir moitas cousas que sucedan no colexio.

Gustaríanos animarvos a todos a comezar unha aventura onde queremos que a protagonista sexa a vosa imaxinación, a través do descubrimento dun sen fin de aventuras que se esconden entre as páxinas dos libros que temos na biblioteca.

Ser capaces de sumerxirnos na pel dun pirata intrépido ou no misterio dun pequeno mago, pasar da tranquilidade dun rapaz que se vai de vacacións a outro que se adentra nun bosque encantado.




... Preparados, Listos.....


¡¡¡ Comezamos !!!


¡¡¡ Feliz Viaxe !!!