lunes, 7 de febrero de 2011
lunes, 31 de enero de 2011
DÍA DA PAZ
1.- Un ARCO DA PAZ feito por tódolos alumnos/as do centro e
2.- Uns murais nos que decidimos ser CONSTRUCTORES DA PAZ a través das nosas mensaxes :un debuxo, unha palabra, unha frase, un conto, unha poesía...
Todo isto, claro está, con actuacións dos nenos/as e finalizando dunha forma moi fermosa: queimando esas mensaxes que impiden a paz e convertindo esas cinzas nunha... POMBA.
domingo, 30 de enero de 2011
VÍDEOS DO DÍA DA PAZ
Despois de estar toda unha semana colaborando para a celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, por fin este venres 28 de xaneiro celebramos este gran día.
Os de 5º tocaron, cantaron e representaron unha obra en contra da Violencia. Aos de E. Infantil gustoulles moito. Comprobádeo!!!
Como sempre o mago de tódolos magos converteu cada unha das mensaxes que impedían a paz en... SORPRESA!!! Querédelo saber??? ( Teredes que ver o video).
Os de 2º cantaron e os de 6º tocaron a canción Unha cura de amor na que se nos recorda que este mundo precisa de valores perdidos... Escoitádeos!!!
Os de 4º volveron a bailar. Primero o clásico O Sr da Serra ...
... para logo continuar cun Hip hop aleatorio. Parecen auténticos profesionais!!!
E como non, Alfonso volveu a representar a súa maxia cos alumnos/as de Primaria.
Que, que fixo??? SORPRESA !!! (Teredes que velo video)
Desexamos que todos/as pasarades un bo Día da Paz.
martes, 18 de enero de 2011
RECURSOS PARA CELEBRAR O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
E mentres tanto... uns clásicos deste día. ( Que bo é poder trasladar as nosas cancións ás futuras xeracións!!!)
Que as disfrutedes!!!
martes, 11 de enero de 2011
FESTIVAL DE NADAL 2010:VIDEOS
Comenzou o festival de nadal cunhas panxoliñas cantadas polos alumnos/as de E. Infantil. Que ben o fixeron!
Ides escoitar aos alumnos/as de 1º e 2º que interpretaron estupendamente outras panxoliñas.
Pois... aínda hai máis...
Ídesvos sorprender co seguinte video onde cantan en ...english!!!
Para os nenos , para as nenas , para os que xa non son tan nenos/as, para os pais e nais, para os avós e avoas... Quen non recorda algúns destes anuncios publicitarios que marcaron e marcarán máis dunha época...?
Os de 3ª actuaron interpretando unha canción en inglés.
Os de 4º bailaron a canción " O Señor da serra". Van entrar directamente en Fama...!
"
Os alumnos/as de 5º traballaron moito para este festival.
Comenzaron a súa actuación cunha canción en inglés.
Continuaron con felicitacións e unha obra de teatro...
E como toda cea que se aprecie... chegou o cotillón. Como se moven! Daquí ao programa Mira quien baile!... Moi ben rapaces e rapazas!!!
Continúa o espectáculo co mago máis famoso do mundo.... polo menos para nós. Imos ver ao mago ALFONSO.
E coma sempre queremos máis maxia... Pois Alfonso volveunos a sorprender. Que bo é!!!
Os de 6º dedicaron este festival a facer unha homenaxe a Uxío Novoneyra, escritor galego ao que se lle adicou no ano 2010 o Día das Letras Galegas.
E para rematar algo diferente: poesía lida e baile ... bailado.