lunes, 31 de enero de 2011

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro de 1948 foi asasinado "Mahatma" Gandhi cando ía rezar.
Pola importancia de Gandhi no camiño hacia outro mundo posíbel esa data foi elexida polas Nacións Unidas como Día Mundial para conmemorar o Día da Paz.

Desde o colexio estivemos a traballar ao longo de toda a semana sobre este día. Expuséronse no ximnasio as actividades realizadas:
1.- Un ARCO DA PAZ feito por tódolos alumnos/as do centro e
2.- Uns murais nos que decidimos ser CONSTRUCTORES DA PAZ a través das nosas mensaxes :un debuxo, unha palabra, unha frase, un conto, unha poesía...
Todo isto, claro está, con actuacións dos nenos/as e finalizando dunha forma moi fermosa: queimando esas mensaxes que impiden a paz e convertindo esas cinzas nunha... POMBA.



No hay comentarios: